Do global ao local

Localización ao galego: o poder da tradución de calidade para un mellor posicionamento no mercado local

Tras 20 anos de traxectoria no sector da tradución e unha década liderando a localización de Google ao galego, axudo a organizacións globais como Spotify e empresas locais como Eroski ou Kutxabank a construír unha identidade de calidade en galego mediante traducións profesionais, como un investimento estratéxico para fidelizar clientes e fortalecer o seu impacto local, logrando que a súa mensaxe soe auténtica e os seus servizos cheguen ao corazonciño da xente.

Foto Ruth Layús
0

linguas de traballo:

inglés, castelán e galego

+ 0

anos de traxectoria

no sector da tradución

+ 0

millóns de palabras

supervisadas baixo os máis altos estándares de calidade

+ 0

especialista en tradución de páxinas web, apps, márketing, textos legais

Sobre min | Liderado estratéxico con alma local

Unindo a precisión técnica, a experiencia e a sensibilidade cultural para que as empresas constrúan unha identidade galega

O valor dunha voz auténtica nun mundo conectado

Creo firmemente que non hai mellor maneira de chegar ao corazón das persoas que a través do seu propio idioma.

Con esa filosofía, logo de 20 anos no sector da tradución e unha década dirixindo a voz de Google en galego, a miña vocación é axudar as empresas a conectar co seu público obxectivo, dirixíndose a el no seu propio idioma (sexa galego ou castelán) dun xeito que soe auténtico e natural mediante unha tradución profesional e de calidade.

Cada vez son máis as empresas que se dan de conta de que investir nunha boa tradución e revisión é unha maneira de asegurarse beneficios grazas a unha maior captación e fidelización de clientes.

Niso consiste a localización: traducións que quedan malladas no mercado local. Así se establece unha relación de beneficio mutuo que apela ás emocións das persoas. Porque xa o dicía Nelson Mandela: se lle falas a alguén nunha lingua que coñece, a mensaxe chegaralle a cabeza, pero se lle falas na súa lingua, chegaralle ao corazón.

section 1 bg1

Propostas de valor | Localización, tradución e divulgación

Uno metodoloxía PMP, tecnoloxía e sensibilidade cultural para xestionar proxectos complexos e lograr que a túa mensaxe conecte de verdade coas persoas.

computer
Liderado en localización

Dirixo equipos e proxectos complexos combinando os meus coñecementos da metodoloxía PMP e de transformación dixital para transformar procesos operativos en resultados eficientes e de calidade impecable

ads
Tradución e posicionamento

Especialista en tradución a galego e castelán desde o inglés. 

Axudo ás empresas a conectar co seu público no seu propio idioma, creando unha mensaxe auténtica que fideliza e fortalece a súa presenza local.

settings
Docencia e divulgación

Conecto a formación coa realidade do mercado a través da docencia universitaria e a divulgación na comunidade académica e profesional, impartindo obradoiros e conferencias.

Experiencia laboral

Tras 20 anos no sector e unha década definindo a voz de xigantes tecnolóxicos, consolidei unha traxectoria baseada no rigor, a eficiencia e a paixón pola excelencia lingüística.

Google | Liderado de equipo lingüístico
2015 - Actualidade

Lidero a localización de Google ao galego desde hai máis dunha década, xestionando a calidade lingüística e coordinando equipos para asegurar que os produtos globais se adapten con precisión y sensibilidade cultural ao mercado local.

Spotify | Posta en marcha de equipo lingüístico
2022 - 2025

Dirixín o lanzamento do equipo de galego, creando a guía de estilo, a terminoloxía e outros materiais e dinámicas que permitisen á lingua unirse á música para establecer unha conexión emocionalmente máis intensa co público galego.

GESUGA | Docencia universitaria
2023 - Actualidad

Imparto docencia no Grao de Tradución e Comunicación Intercultural, conectando a teoría académica coas esixencias reais do mercado para formar a próxima xeración de profesionais do sector.

Ministerio de Asuntos Exteriores | Tradutora xurada
2006 - Actualidade

Como tradutora oficial designada polo ministerio español, certifico a fidelidade e validez legal de documentos entre inglés e español, garantindo a máxima precisión xurídica para trámites administrativos e oficiais.

Tradución, revisión e localización a galego e castelán
2006 - Actualidade

Ao longo dos anos, nalgún momento axudei a atopar a súa voz a diversos clientes finais —como Eroski, Repsol ou Kutxabank— para que puidesen fidelizar o seu público mediante unha comunicación auténtica en galego.

Falamos do teu proxecto?

Se buscas levar a túa mensaxe global ao corazón da túa audiencia local con precisión técnica e autenticidade, estou aquí para axudarte.
Cóntame a túa idea e empecemos a colaborar.

Localization Manager | Ruth Layús
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.