Visión e traxectoria

Foto Ruth Layús | Consultora de localización y traducción
20 anos conectando culturas e estratexias

Desde a miña primeira estadía en Inglaterra sendo unha nena, comprendín que os idiomas non eran unha materia máis da que examinarme, senón a chave para conectar distintas formas de pensar.

Creo firmemente que non hai mellor maneira de chegar ao corazón das persoas que a través da súa propia lingua. Este convencemento converteuse nunha traxectoria de 20 anos onde aprendín que unha tradución profesional de calidade é un investimento estratéxico para captar e fidelizar clientes.

A miña filosofía e obxectivos

A miña vocación é axudar a que as empresas conecten co seu público de forma xenuína, logrando —a través da localización— que a súa marca se axuste ao xeito á identidade do seu mercado local.

10 anos liderando a localización para referentes do sector tecnolóxico
  • Liderado para Google: Unha década coordinando os procesos lingüísticos do equipo de galego, xestionando a calidade en contextos de alta complexidade e analizando métricas para que produtos do noso día a día —como Android, Chrome, YouTube ou Gmail— se sintan auténticos e próximos. Todo iso cumprindo os estándares de excelencia dun xigante global.

  • Lanzamento estratéxico de Spotify: Liderei a posta en marcha do equipo de galego durante os seus primeiros tres anos, establecendo os alicerces e deseñando os materiais necesarios para que un produto global puidese vibrar aquí con identidade propia.

  • Xestión con metodoloxía PMP: Aplico os meus coñecementos en xestión de proxectos para optimizar fluxos de traballo e liderar equipos de alto rendemento cara a mellora continua.

  • Visión 360º: A miña formación en márketing dixital e a miña habilitación como tradutora xurada permítenme ofrecer solucións integrais, desde a creatividade dunha campaña ata o rigor dun contrato legal.

Un compromiso compartido entre o global e o local

A miña experiencia non se limita a grandes corporacións internacionais. Ao longo dos anos, nalgún momento axudei a atopar a súa voz en galego a diversos clientes finais —como Eroski, Repsol ou Kutxabank— para que puidesen conectar dun xeito auténtico co seu público.

Entendo a miña profesión como un compromiso que vai máis alá da prestación de servizos. Por iso comparto a miña experiencia como docente universitaria no CESUGA e impartín conferencias e obradoiros en foros do sector, ademais de participar en redes que impulsan o noso gremio e o talento directivo, como a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Women in Localization e Executivas de Galicia.

A inquietude por aprender que guiou a miña carreira durante todos estes anos, hoxe impulsa o meu interese cara a transformación dixital. Non deixo de evolucionar para ofrecer solucións que unan a sensibilidade humana co potencia tecnolóxico actual, aplicando a mesma precisión que esixe unha gran tecnolóxica a cada proxecto que toco.

Despois de dúas décadas, manteño a mesma curiosidade e ganas de aprender do primeiro día. 

Falamos do teu próximo reto?

Localization Manager | Ruth Layús
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.