Propostas de valor

Xestión estratéxica de proxectos de localización

Os meus coñecementos da metodoloxía PMP e sobre transformación dixital permítenme xestionar proxectos de alta complexidade, integrando solucións tecnolóxicas de vangarda, para liderar equipos de alto rendemento que garantan unha mellora continua.

Converto a complexidade operativa en resultados medibles. O meu obxectivo é asegurar unha calidade impecable e unha coordinación fluída para que a voz de organizacións globais se perciba con autenticidade no mercado local.

Tradución e posicionamento local

A miña vocación é axudar ás empresas a conectar co seu público obxectivo dirixíndose a el no seu propio idioma (sexa galego ou castelán) dun xeito que soe natural e auténtico mediante unha tradución de inglés profesional e de calidade.

Cada vez son máis as empresas que se dan de conta de que investir nunha boa tradución é unha maneira de asegurarse beneficios grazas a unha maior captación e fidelización de clientes; porque non hai mellor maneira de chegarlles ao corazón ás persoas que a través do seu propio idioma.

Esta é a filosofía que apliquei en proxectos para institucións e empresas de sectores moi variados, como Eroski, Repsol, Kutxabank ou EnerGalicia, para lograr que a súa mensaxe resoe con forza no noso ámbito local.

Docencia, divulgación e comunidade

A miña traxectoria na localización compleméntase cun compromiso por compartir coñecementos no ámbito académico e profesional. Entendo o ensino como o fío condutor necesario para seguir elevando os estándares da nosa industria.

• Docencia universitaria: Profesora no grao de tradución e comunicación do CESUGA, conectando a formación académica coas esixencias reais e actuais do mercado global.

• Divulgación académica: Colaborei coa Universidade de Vigo impartindo obradoiros e conferencias sobre transcreación, o poder da localización e o potencial do mercado galego na era dixital.

• Outras colaboracións: Da man da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI), participei como relatora en encontros e foros (como o Culturgal) compartindo desde experiencias técnicas sobre xestión con follas de cálculo ata os retos creativos de traducir ao galego unha obra icónica como a Guía do autostopista galáctico.

Falamos do teu proxecto?

Se buscas levar a túa mensaxe global ao corazón da túa audiencia local con precisión técnica e autenticidade, estou aquí para axudarte. Cóntame a túa idea e comecemos a colaborar.

Localization Manager | Ruth Layús
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.