Visión e traxectoria
20 anos conectando culturas e estratexias
Desde a miña primeira estadía en Inglaterra sendo unha nena, comprendín que os idiomas non eran unha materia máis da que examinarme, senón a chave para conectar distintas formas de pensar.
Creo firmemente que non hai mellor maneira de chegar ao corazón das persoas que a través da súa propia lingua. Este convencemento converteuse nunha traxectoria de 20 anos onde aprendín que unha tradución profesional de calidade é un investimento estratéxico para captar e fidelizar clientes.
A miña filosofía e obxectivos
A miña vocación é axudar a que as empresas conecten co seu público de forma xenuína, logrando —a través da localización— que a súa marca se axuste ao xeito á identidade do seu mercado local.
10 anos liderando a localización para referentes do sector tecnolóxico
- Liderado para Google: Unha década coordinando os procesos lingüísticos do equipo de galego, xestionando a calidade en contextos de alta complexidade e analizando métricas para que produtos do noso día a día —como Android, Chrome, YouTube ou Gmail— se sintan auténticos e próximos. Todo iso cumprindo os estándares de excelencia dun xigante global.
- Lanzamento estratéxico de Spotify: Liderei a posta en marcha do equipo de galego durante os seus primeiros tres anos, establecendo os alicerces e deseñando os materiais necesarios para que un produto global puidese vibrar aquí con identidade propia.
- Xestión con metodoloxía PMP: Aplico os meus coñecementos en xestión de proxectos para optimizar fluxos de traballo e liderar equipos de alto rendemento cara a mellora continua.
- Visión 360º: A miña formación en márketing dixital e a miña habilitación como tradutora xurada permítenme ofrecer solucións integrais, desde a creatividade dunha campaña ata o rigor dun contrato legal.
Un compromiso compartido entre o global e o local
A miña experiencia non se limita a grandes corporacións internacionais. Ao longo dos anos, nalgún momento axudei a atopar a súa voz en galego a diversos clientes finais —como Eroski, Repsol ou Kutxabank— para que puidesen conectar dun xeito auténtico co seu público.
Entendo a miña profesión como un compromiso que vai máis alá da prestación de servizos. Por iso comparto a miña experiencia como docente universitaria no CESUGA e impartín conferencias e obradoiros en foros do sector, ademais de participar en redes que impulsan o noso gremio e o talento directivo, como a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Women in Localization e Executivas de Galicia.
A inquietude por aprender que guiou a miña carreira durante todos estes anos, hoxe impulsa o meu interese cara a transformación dixital. Non deixo de evolucionar para ofrecer solucións que unan a sensibilidade humana co potencia tecnolóxico actual, aplicando a mesma precisión que esixe unha gran tecnolóxica a cada proxecto que toco.
Despois de dúas décadas, manteño a mesma curiosidade e ganas de aprender do primeiro día.
Falamos do teu próximo reto?